Proxecto

02.09.2012 01:01

A fenda dixital está considerada como unha das barreiras principais do desenvolvemento na sociedade do coñecemento e, en consecuencia, como unha traba importantísima para promover o crecemento tanto local  coma universal. É unha manifestación evidente de exclusión por razóns xeográficas, económicas, sociais e particularmente de xénero. Os seus efectos derivados son complexos e tamén singulares podendo marcar diferenzas entre provincias e países, ou entre a formación nas distintas universidades, os sectores produtivos, etc. Os seus efectos repercuten en xeral na vida cotiá da cidadanía, nas súas posibilidades formativas nos diferentes niveles de ensino (tanto desde o campo da educación formal, coma da non forma e da informal), nas relacións sociais e nas oportunidades laborais.

A investigación trazada ten como obxectivo xenérico identificar, analizar e comprender os efectos da fenda dixital no alumnado universitario ourensán, en xeral as relacionadas co uso das TIC, e máis concretamente as referidas a: conectividade a internet, acceso ó coñecemento e formación, produción e publicación de contidos, comunicación, capacidade económica, nivel de alfabetización dixital, etc. Elo, ademais coa finalidade de ofrecer alternativas para mellorar a situación do alumnado residente no contorno provincial.

 

Elementos: 1 - 1 de 1