Documentos

  • Preliminares
  • Creación da web do proxecto para a súa presentación e difusión, ampliación do estado da cuestión e/ou análise inicial de resultados preliminares para presentar en eventos científicos ou nalgunha publicación menor.
  • Informe de investigación
  • Despois de rematada a análise da información redactarase o informe de investigación completo e elaborarase algún capítulo e/ou artigo con resultados definitivos para publicar en revistas de impacto.
  • Confección dun mapa/catálogo provincial de puntos gratuítos de conectividade a internet
  • Creación dun repositorio electrónico de recomendacións a partir da análise das variables contextuais será un referente para contribuír a minorar os efectos da fenda dixital nos estudantes da educación superior ourensán que residan na provincia.

Por último confeccionarase o informe final ou memoria para a xustificación do estudo realizado nos termos requiridos pola institución, coa presentación no prazo sinalado.